VOLUNTARIADO EN TENDA CIDADÁ DE COMERCIO XUSTO EN VIGO

VOLUNTARIADO EN TENDA CIDADÁ DE COMERCIO XUSTO EN VIGO

Ubicación: Rúa Triunfo, 4, 36202 Vigo, Pontevedra Vigo
Ciudad: Vigo
Te interesará si...

Pode ser do teu interese se...

  • Es unha persoa íntegra e con sólidos valores persoais e tes interese pola solidariedade, a transformación social e a loita contra da desigualdade, a inxustiza e a pobreza. 
  • Es unha persoa dinámica, participativa e comprometida, e tes devezo  de traballar en equipo. 
  • Tes boa capacidade comunicativa e gozas coa atención aos clientes. 
  • Tes formación e/ou experiencia en actividades comerciais e de venta ao público ou queres acadar esa experiencia. 
  • Buscas facer parte dun proxecto ligado ao consumo responsable.
  • Tes coñecementos informáticos básicos.
¿Qué harás...?

¿Que vas facer?

  • Atender aos clientes.
  • Organizar a tenda (colocación de mercancía, decoración e escaparate),
  • Xestionar o stock (inventarios, etiquetar prezos, ordenar o almacén e repoñer produtos) e a caixa.
  • Sensibilizar e transmitir os criterios básicos e valores do Comercio Xusto e a actividade de Oxfam Intermón. 
  • Participar nas campañas de Oxfam Intermón, explicando, recollendo sinaturas, etc.
  • Participar nas reunións do equipo de tendas e, de cando en vez, en actividades externas.
  • Formarte.
  • Desenvolverte profesional e persoalmente.
¿Qué obtendrás a cambio...?
¿Que obterás a cambio?
  • Formarás parte dun equipo de persoas voluntarias de Oxfam Intermón con persoas que se implican coma ti en un entorno respectuoso, seguro e aberto ao diálogo e coas que poderás compartir os teus intereses e inquedanzas.
  • Contribuirás a xerar cambios reais que impulsen un modelo de sociedade global máis xusta e igualitaria.
  • Recibirás formación e experiencia na xestión dunha tenda.
  • Recibirás formación e adquirirás coñecementos sobre do Comercio Xusto e as características dos seus produtos. 
  • Poderás obter una certificación da túa colaboración de voluntariado.
¿Qué dedicación es necesaria...?

Que dedicación é precisa?

Dispoñibilidade para cubrir como mínimo unha quenda por semana (mañá ou tarde), durante un período mínimo de 6 meses.